Antonio Rifón Sánchez, in memoriam

 

Antonio

 

O grupo GRADES lamenta a perda do que foi durante varios anos o seu Investigador Principal e cabeza visible nas convocatorias públicas, Antonio Rifón Sánchez (1965-2022).

Antonio Rifón era profesor titular de Lingua española na Universidade de Vigo, á que se incorporou no ano 1995. Defendera a súa tese de doutoramento, La derivación verbal en español, na Universidade de Santiago de Compostela, en 1994, baixo a dirección de Jesús Pena Seijas.

Destacan as súas investigacións sobre morfoloxía e semántica, que deron lugar a diferentes publicacións, focalizadas especialmente nos ámbitos da derivación morfolóxica e nas redes de relacións semánticas. Pero era unha persoa de mente aberta interesada por calquera aspecto relacionado coa linguaxe, así como pola historia, a filosofía e a tecnoloxía.

Foi xunto con José M García-Miguel e Francisco Albertuz un dos impulsores iniciais do proxecto ADESSE, a cuxo desenvolvemento contribuíu moi activamente. Recentemente estaba a estudar os discursos sobre a alimentación, en colaboración con Susana Rodríguez Barcia e Ana Varela Suárez.

Xunto con José Montero Reguera dirixiu a revista Hesperia. Anuario de Filología Hispánica, desde a súa fundación en 1998 ata o presente ano.

Dirixiu cinco teses de doutoramento:

Os membros do grupo, como todas as súas alumnas e alumnos, lembrarémolo sempre como un traballador incansable, cordial e retranqueiro, conciliador e bo amigo. Deixa un grande oco no noso grupo, que dificilmente poderemos encher.